martes, 1 de marzo de 2011

MARZO



Hai tardes en que pasa un cabalo sen xinete por diante das
portas. Eu, chamo-te, digo: "Baixa
para que vexas correr esa loucura negra". Hai albas
en que o sol invirte o seu destino e as raíces do lume arden
arriba, matando plumas de ave verde. Hai momentos do
día, cando escampa,
en que se achegan nenos a preguntar por ti para entregar-te
follas rotas
e eu meto cada tesouro nunca caixa de cristal e agardo o teu
regreso.
(...)
Para que marzo chegue
con multiplicados estames amarelos, con lenzos brancos
para gardar aos estames dos fortes líquidos que matan,
continua falando da luminosa mutación natural, esa que
acende o riso nos teus ollos
e construe a memória da vida que comeza.
O lume branco. Álvarez Cáccamo

1 comentario:

nancicomansi dijo...

Marzo es una esperanza que asoma timidamente su nariz...

Besotes Lula!!!