jueves, 31 de enero de 2008

SIL

Isto acábase.


Veño de ver o penúltimo capítulo da derradeira tempada de Los Soprano. Unha das mellores, senón a mellor, serie que vin na televisión.


E veño triste porque aínda que as cousas non pintan ben para Tony e os seus (co cabrón de Phil Leotardo agochado mentres se desfai dos seus nemigos) non esperaba que tiroteasen a Sil.


O meu Sil.


O tupé máis inverosímil que se aireou en New Jersey. As corbatas máis surrealistas do mundo do hampa. Sempre elegante, sempre fidel, sempre eficiente. De poucas e claras palabras. Ollada torba e beizo caído... Silvio Dante quedou tumbado no asento do coche co traxe de mil dólares furado por todas partes. Din que o levaron ao hospital, que está inconsciente...
Só lle queda un capítulo para recuperar.

E non me digades que o podo ver en internet. Agardarei na sala de espera cun ramo de flores, como aprendín de Michael Corleone.
Longa vida aos Soprano.








5 comentarios:

apicultor dijo...

Confeso avergoñado que non vin nin un só capítulo d´Os Soprano, da que todo o mundo fala tan ben. E agora xa é demasiado tarde, pois xa van moitos capítulos. Se mercase toda a serie en DVD e a vise toda enteira podería darme un soponcio.

El futuro bloguero dijo...

Que tendrá la mafia, que por muy malos que sean en la vida real, siempre caen bastante bien en la ficción...

No termino de entenderlo

Zerovacas dijo...

Eu xusto vin o capítulo final a semana pasada. Se queres falamos o xoves que vén. Haberá moito que discutir. Longa vida aos Soprano!!

Lula Fortune dijo...

Ay! Zero non me digas nada. O vindeiro xoves falamos. Un bico.

Api, perdeu vostede unha obra maestra. Supoño que o volverán dar un día destes. Pero pensandoo ben, coa que está caendo agora, non sería mala idea un retiro carnavalesco e papar, entre filloa e filloa, un capituliño ou dous.
Bicos.

Pues sí, FB, tienes razón pero es que el mafioso, como el pirata, es un personaje muy literario, con sus maldades abyectas,su extraño código del honor...en fin habría mucho que decir.
Besos mil.

MK dijo...

También me da reparo confesar que tampoco yo he visto ninún capítulo de Los Soprano. Y me temo que no es una serie para verse las temporadas en dvd en plan maratón fin desemana , como he hecho con Perdidos...
Ahora ,tu querido Sil tiene una pinta que ya te digo...Porque los piratas suelen tener peculiares y marcadas características físicas , pero lo que és el perfil del mafioso , se les ve a la legua también.