martes, 15 de enero de 2008

SCIASCIA

"A carta chegou coa distribución da tarde". Así comeza A ciascuno il suo (A cada un o seu) un dos gialli más apaixoantes de Leonardo Sciascia.

Nun pequeno pobo de Sicilia o boticario e o doutor Ruscio son asasiñados no que ía ser unha tranquila xornada de caza. Todos lembran a ameazadora carta anónima que, días antes, recibira o boticario e que fora tomada como unha desafortunada brincadeira. Mentres as pescudas oficiais desaparecen nun mar de rumores e falsas acusacións, o profesor Laurana, home tímido, solitario e escrupuloso, collerá o fío da investigación para levármonos por este labirinto siciliano.

Dicía Italo Calvino que estaba demostrada a imposibilidade de facer un giallo (novela negra) con ambiente siciliano. Realmente tiña razón. Nun lugar onde todo se resolve con inseguire la donna (seguir a pista da muller, ou seña, cuestión de cornos), é mérito de Sciascia facernos seguir adiante nas súas novelas.
Os amargos finais deixan a sensación doutra imposibilidade: a do triunfo da xustiza nesa parte da Italia. Nun ambiente de corrupción moral, a vida continúa na súa obscena impunidade, co beneplácito da igrexa e a compracencia das forzas vivas, acomodadas nos seus cotilleos de casino.





Noutro inesquecible título, Il giorno della civetta (O día da curuxa/mochuelo), o capo mafioso explica a súa estrana clasificación dos seres humans: uomini, mezzo'uomini, ominicchi, piglianculo e quaquaraquá.
Á primeira categoría de "homes" pertencen os heroes melancólicos de Sciascia. Homes de honor que respetan e cren na xustiza, homes incorruptibiles nun mundo valeiro de honestidade.
Homes da estirpe do Marlowe, de Carver ou o Brunetti de Donna Leon.

Atopo certo romanticismo neste profesor Laurana, protagonista de A ciascuno il suo, que sucumbe no "amor verdadeiro" da sensual viúva, ou no reflexivo emiliano, il capitano Bellodi de Il giorno della civetta, condeados ao fracaso, á impotencia ou á mesma morte.


Xa que nada será o que parece, deixémonos levar, como lectores inocentes, da man destes homes e descubramos con estupor todas as trampas agochadas.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

...como Plinio trasvasado de Tomelloso a un pueblo siciliano...

Una cosa, Lula... ¿de verdad crees que Marlowe respetaba y creía en la justicia...?

Anónimo dijo...

Era lo bastante cínico como para aparentarlo ¿no?
Bicos sinceros.

. dijo...

como para descubriren de supeto a nocion da beleza

Lula Fortune dijo...

Hola y bienvenido. Por supuesto, siempre la belleza.

Lula Fortune dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
atikus dijo...

Psi, la novela negra es demasiado fina...y que conste que Silicia es una Maravilla, pero posiblemente no le pega no...

El Doctor dijo...

Me encanta este texto Lula.Sciascia y Marcel Proust que tanto tienen que ver son de mis favoritos.El gusto por el pasado,la memoria mientras se caen las piedras de un palacio que tal vez ha dejado de existir para siempre.
Besos.

Lula Fortune dijo...

Definitivamente no le pega, Atikus, pero qué gustazo leerlo. Besos a la italiana (es que empiezan por el otro lado)

Tienes razón, Francisco, en ese placer malsano y decadente que obtenemos de estas lecturas. Pero en el caso de Italia, y alguien como Sciascia, debe tener una perspectiva más trágica de todo eso.
De cualquier forma, "gialli" o no, a mí me encantan estas novelas.
Besos y besos.