Para la Rata Bastarda

Non sei se xa vos falei do meu cortinero.
Coñecino hai uns anos, de xeito azaroso, cando veu poñer os estores do estudio. Sempre falara con el por teléfono e a primeira vez que me citou, nun almacén de telas, díxome para que o reconocera:
"Son baixiño, con bigote e cada vez máis calvo".Aquel día, xusto cando entraba pola porta de casa, coa súa libretiña nunha man e o metro na outra, sonou no seu móvil unha estridente muñeira. E así entrou na miña vida: pola porta grande e con banda sonora.
Estes días chameino outra vez (polo asunto das cortinas da cociña) e volveume citar no almacén de telas. Chegou na súa moto, puntual e disposto, cuns muestrarios baixo o brazo que desplegou enriba do capó dun coche aparcado. Quería amosar un material novo para o meu salón. Non sei como adiviñou que me viría ben unha renovación radical despois da catástrofe.
E mentres o escoitaba cantar as bontades do novo material e o ar da tarde me envolvía con soavidade, pola miña cachola desfilaban verbas como
fashion design, furniture development, creative professionals...Despois entramos no almacén.

Sinto fascinación por eses lugares nos que entro como na cova de Alí-Babá, o mesmo que nas mercerías ou papelerías. Encántame ver os rolos de telas, apampo para os dependentes cos seus metros de madeira, coas técnicas de corte: rasgado para o algodón, corte ao fío, corte coas tesouras dentadas para que non se esfiañen os tecidos máis delicados...
Pero a o que ía, alí me levou o cortinero preguntando qué era exactamente o que quería:
"Algo sinxelo, liso, sen debuxos, de cor neutra...", dixen mecánicamente.
Mirou para min cos seus olliños espilidos e rapidamente entendín o que eso quería decir:
"Pero Lula! non me digas que te vas deixar amolar por tan pouca cousa" e levoume a un recuncho segredo onde despregou ante min unha orxía de cores e tecidos.
Saín dalí un pouco mareada, cos ollos cheos dun bule-bule de tonalidades e texturas.
O meu cor rebentaba de ledicia pola miña nova decisión.
O meu cortinero é un fenómeno.