Podería chamar agora
por Kerouac
porque entre os dous hai un río
de tristísimo outono
pro
prefiro contemplar
as criaturas preciosas
-xa sabedes: pérolas, ouro,
cando non cristal lucente e mármore-
de Bembo
e miro atentamente
o máis estéril
-xema, libro, lámpada-
que denote as propias
bases ou pes de barro
do meu verbo
e agoire fremosamente
a cousa a cousa
a cousa formal
e inerte
na que me vou erixindo coidadosa e artificiosamente
podería chamar agora
por Kerouac
ou mocedade perdida
porque entre os dous escoa o río
da morte.
Con pólvora e magnolias. Xosé L. Méndez Ferrín
(Traducción aquí: CLIC)
3 comentarios:
fermoso, fermoso, deses textos que amosan o xenio que levamos dentro, cajoentó, dan ganas de mergullarse nel, de tragalo e esculpir verbas como primaveiras! ¡bico lulaza! tasketesales!
L émbrame e escoita como asubío o teu nome / U nxe a túa pel coas miñas verbas salgadas / L etras capitais adobiadas con sargazos /
A relo os significados que me procuras / F ortuna. Atoparte nos eidos / O u descubrirte, ou pensarte / R elumbrante sorriso de veludo / T reboada de imaxinación / U nha primaveira mais Lula Fortune / N áufraga por conta propia / E nchendo de inxenio o baleiro.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Buaaaaaa!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario