A armónica que lle regalara Peggy Sue resultou ser de Bob Dylan e a Sailor déronlle unha morea de cartos por ela. Mercou un pequeno Corvette roxo, ainda que el gostaba máis dos Cadillacs. Agardei, como el me pedira, coas luces apagadas e a cancela do xardín aberta. A grava rañou débilmente baixo os neumáticos do Corvette. Despois todo foi moi rápido: o primeiro disparo fixo saltar en anacos a bombilla do porche; tremaron os meus pasos precipitados cara a Sailor; dúas lumeiradas máis e o ruxido candente do acelerador encheu a noite. Deixamos a autopista poucas horas despois e tivemos que empurrar o coche hasta as beiras dun río. E alí quedamos, nun ardente campo de bicos sen aire. A carne era doce na inestable fronteira da pel por onde penetraba o amor. Os dedos temían e sabían, buscando en delicados roces, a chave dos húmidos recintos secretos. O sol cegador da mañá fíxonos ascender dende o fondo do tempo á cálida e silenciosa vida. A vida que dende a liberdade nos chamaba. |
sábado, 14 de julio de 2007
GETAWAY
Etiquetas:
Lula y Sailor
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
...y para volver a esa vida tuvisteis que hacerlo andando o en auto-stop!
Un claro ejemplo de eso que dicen de "contigo pan y cebolla".
Felicidades por ese amor tan libre. Besos.
Lo de menos es volver, Carrascus, lo más interesante está en el camino.Besitos.
PD:veo que ya se te dan mejor los idiomas ;)
Publicar un comentario