lunes, 16 de julio de 2007

LECTURAS DE VERÁN 2

Carlo Lucarelli ten unha voz profunda, fala rápido e con frases curtas, lanzando un enigma en cada punto e aparte. Puiden miralo nun programa da TV italiana , Blue Notte, onde narra os casos delictivos que convulsionaron Italia nas últimas décadas. Móvese por un esceario en penumbra e ainda que o seu estilo é un tanto efectista, engancha dende o primeiro momento. Pero Lucarelli é, ademáis, un estupendo escritor de novela negra ( gialli, en italiano).



Almost Blue e Un giorno dopo l'altro comparten a presencia da comisaria Grazia Negro, una donna in un mondo di uomini. Tamén a música é un obsesivo leit motiv que percorre as súas páxinas e dá título a ámbalas dúas novelas: Almost blue na voz de Chet Baker e a canción Un giorno dopo l'altro que popularizou o malogrado cantante italián Tenco.
Os asasiños inquedan cos seus pensamentos, coa súa absoluta normalidade aparente, as súas obsesions e incluso os seus crípticos alcumes: La Iguana, un asasiño en serie, e Pitbull, un precoz criminal a soldo. Os dous utilizan Internet: para contactaren coas súas víctimas nun caso, e para recibiren ordes, no outro.

Lucarelli amosa unha Bologna escura e sórdida, alonxada da luminosidade padana, uns secundarios perfíados con agarimo (o cego Simone e a súa especial percepción do mundo, o xoven e sensible Alex ...) e un morboso e nada desdeñable erotismo.
O cóctel está preparado: sírvanse.









4 comentarios:

carrascus dijo...

Yo siempre he sido un apasionado de la novela negra y hasta ahora Lucarelli es una de mis asignaturas pendientes (no hay tiempo para todo). Así que ya que tú nos lo indicas, en cuanto termine el libro en el que ando ahora, del poli Wallander, cambiaré la Suecia de Henning Mankell por la Italia de Carlo.

Lula Fortune dijo...

Mankell también me gusta, aunque lo encuentro un poco frío. Si se trata de melancólicos casi me quedo con el Dagliesh de P.D.James. Este Lucarelli es menos clásico, los protagonistas puede decirse que son los asesinos y sus retorcidas mentes. Lo cual me resulta más interesante desde que descubrí a Ripley. Un beso.

carrascus dijo...

Si te gusta penetrar en las mentes de los criminales búscate "La bestia dormida", de Fredric Brown.
Mil besos, Lula.

Lula Fortune dijo...

Hecho. Ya te contaré ;)