miércoles, 4 de julio de 2007

TEMPOS DIFÍCILES

A principios do inverno chegaron moreas de homes atraídos pola construcción do gaseoducto e, ao seu rebumbio, o pobo encheuse de oportunistas da peor calaña na percura de diñeiro fácil. Sailor e máis eu paseabamos pola avenida cando o Ford café con leite de aquel home pagado por miña nai pasou clavando os seus ollos de demo en nos. Foi un inverno duro e Peggy Sue tampouco foi de moita axuda. Andaba enamoriscada dun músico de segunda fila, un tal Bob Thomas, que se atrincherou na súa cama para deixarlle despois valeiro o corazón e a caixa rexistradora. O único recordo da súa paixón foi unha armónica esquecida que Peggy Sue lle deu a Sailor: - Toma, ese cabrón mentiroso dixo que lla roubara a Bob Dylan. Sailor apostouse diante da miña casa e tocou a armónica todas as tardes daquel esmorecido inverno. Abría portas e ventás no ceo e eu chimpábame por elas nos seus brazos.

5 comentarios:

Lúa- Haberlas, hailas... dijo...

fermoso, do que mais gosto é da armonica, bicos

De la Highway 61 dijo...

Ah, o amigo Bob Thomas. Os perdedores é o que teñen: mozas loiras e harmónicas roubadas.

desconvencida dijo...

Siempre me ha gustado este cuadro de Hopper, es mi preferido de él, me sugiere tantas cosas....

arrais dijo...

Lula, espero que non te incomodes pero resulta que es protagonista dunhas tórridas aventuras narradas polo comentarista Charly Wattson, colleuche gusto :)

Un bico e quedei prendada das túas historias.

sailor dijo...

Acabo de saír á galería que dá o patio e mírote chegar: tiras a cabeza para atrás e saúdas coas túas mans de princesa.