lunes, 3 de septiembre de 2007

CRÓNICAS DO ILLAMENTO: GIUSEPPE

14 de agosto. Viaxe ao norte.

Un enorme ferry levounos dende Palau á Isola della Maddalena. Caótica e desordenada , chea de coches e motocicletas en ruidosa loita polos calexóns que rodean o porto. Pero non buscábamos esta vez as augas maravillosas, senón que cruzamos toda a illa (hai unha base americana, o que explica a presencia duns negrazos inmensos con camisetas dos yankees) ata chegar a unha pontiña que comunica con outra illa, Caprera, onde rematou os seus días o señor Garibaldi.
Alí está a súa tomba, un inmenso pedrolo granítico que garda o seu corpo embalsamado. Teño que reconocer que a visita á casa foi algo decepcioante: cámaras vixiando por todas partes, prohibición de facer fotos e unha guía que recitaba sen moita convicción anécdotas insulsas.


A primeira vez que Garibaldi chegou a Caprera foi despois da caida da Republica Romana camino do esilio. Namorou deste lugar pedregoso e árido e anos despois, cunha pequena herencia, comproulle un cacho ó propietario de entonces, un inglés chamado Míster Collins. Finalmente a viúva do inglés (co que, por certo, Garibaldi non se levaba moi ben) vendéulle o resto en 1860. Alí vivíu coa súa familia, convertindo unha rocha castigada pola furia do mistral nunha facenda agricola con horto, frutais, vacas, cabras e polos. Procurándose todos os artiluxios que poideran facer do seu fogar un lugar moderno e cómodo: unha máquina de vapor que movía o muiño, auga corrente en toda a casa...


Alí estaba a súa casaca roxa (Per favore, non é permesso fare delle fotografie!!!) a súa escopeta, os retratos gloriosos (eu buscaba a cara de Franco Nero pero alí só había un rostro de pedra de ollos glaciais) e a silliña de rodas, diseñada por el, que foi testemuña da súa decrepitude.



O final da visita era o seu leito de morte ( metido nunha urna) que a súa amante esposa colocou diante dunha ventá para que o último que viran eses ollos, queimados coa pólvora e o sangue, fora a amada Caprera.
Cando saímos bordeando a casa (e estreitamente vixiados) eu pensaba nun vértigo de nomes, países, causas, travesías, feridas, traicións... e fiquei un rato ollando aquelas augas mornas , nin sequera demasiado fermosas, tentando de comprender se realmente importa o lugar no que pecharemos os ollos para sempre.


Saín fora e farteime a facer fotos.

3 comentarios:

atikus dijo...

Que fotos más bonitas!

Anónimo dijo...

Supongo que no importa tanto el lugar como el ánimo con que se cierren (alivio, resignación, rabia...) y la mano que pose sobre nuestros párpados las monedas con que saldar el tránsito de ese brazo de mar que también alcanzó a ver Garibaldi.
Un abrazo.

Lula Fortune dijo...

Querido AtiKus he instalado un traductor, que aunque no funciona muy allá, puede darte una idea.De todas formas, el gallego no es tan difícil de entender ¿o sí?. Un besito pequeñito.
Desde luego DR, no importa tanto el dónde como el cómo.Un abrazo para ti también.