miércoles, 19 de septiembre de 2007

LUNS


Érgome. Unha luz grisácea envolve o meu cuarto. Levanto a persiana. Un resplandor alaranxado pugna na lonxanía: vai facer bo tempo. Pero ao abrir a fiestra, un aire frío faime estremecer. O sono de Sailor chégame caladiño como o son de axóuxeres.

Vou ao baño e mírome no espello: a pel escurecida polas lambetadas do sol está esmorecendo. O aillamento desaparece mergullado en mundos de multiplicacións (casi como as notas deste blog).

Non sei se son eu a que está eiquí, devorando coma unha tola as migas da ledicia, ou son a do espello, devorada polo tempo implacable que avanza.

Hoxe é mércores e fai sol, pero síntome come se fora un luns escurecido de inverno.

16 comentarios:

carrascus dijo...

Vamos, Lula... que de verdad es un día de sol. Ya sé que a veces cuando uno se mira al espejo por la mañana se siente como desvelado por manos de ceniza, como si el espejo te recorriera con una triste mirada compasiva...

Pero tú estás muy por encima del espejo siniestro.

Francisco Machuca dijo...

Hola Lula.Somos los hijos devorados por la rutina,el vacío y el sinsentido;monstruos que superan a la mitología.Kafka creó a Gregorio Samsa convertido en un insecto cuando despertó una mañana.
Me gusta tu blog y Galicia.
Un abrazo.

atikus dijo...

Mal despertar Jo!!...bueno ya lucirá el sol no te preocupes ;)

nancicomansi dijo...

me ha parecido entender que estás hoy especialmente angustiada por el paso del tiempo...conozco esta tristeza y un poco de vertigo en el estomago...se cualquier consejo va a caer en saco roto pero, hasta por puro instinto de supervivencia, esto pasará. No te recrees en ello, mira a hacia otro lado, o mejor, realiza alguna actividad física que te absorva por completo (cocinar, pintar, escribir una carta, ordenar...) haz trucos a tu mente para distraerla...dale una pausa, engáñala si es preciso...suele funcionar...

Besos y achuchones!!!

sailor dijo...

Volve para cama, Lula, deixa de mirar pola fiestra. O son dos teus axóuxeres incendia o cuarto.

Lula Fortune dijo...

Gracias a todos/as por estar ahí,me prometí a mi misma no traer mis monstruos personales a este "otro lado del espejo", pero ya véis, la carne es débil y la rutina una mierda. Creo que lo que necesitaba eran unos mimitos cibernéticos. Muchos, muchos besos agradecidos(de esos sonoros y rotundos):)

torredebabel dijo...

non teñas medo, son moito máis auténticos os días que sentimos que os que sinala, rutinario e repetitivo, o calendario.

DR dijo...

¿La rutina una mierda?
No me boicotees las casigalíneas, querida Lula.
Piensa que ese despertar es un mal menor. Sobre todo cuando Sailor te pide "Volva para cama Lula".
He buscado axóuxeres. Palabra bella donde las halla.
Un abrazo.

Lula Fortune dijo...

A verdade DR e Torre... é que de cando en vez, danme estes ataques de pánico, ainda que son de natural alegre. Xa me acostumei a vivir con iso. É como unha pequena e inofensiva enfermedade. Moitas gracias polos mimos. Bicos, bicos con son de axóuxere.

emereci dijo...

Mándoche máis mimos cibernéticos, desta vez dende terras chilenas.
Por certo, son luguesa, Lula, pero levo uns mesiños camiñando por estos lares. Agora mesmo non che sabería dicir como din coa túa cibercasa, pero son visitante asidua...
Unha aperta.

Lula Fortune dijo...

É un auténtico honor tela por eiquí. Tentarei que non se vaia.Un gran bico transoceánico.

Doutora Seymour dijo...

Hoxe é xoves e fai sol, e mañá e venres!! Sempre positifo, nunca negatifo (que diría aquel).
Chego cun día de atraso (para variar). Mais aínda así mándolle unha aperta sen data de caducidade e multiusos.

Lula Fortune dijo...

Gardareina como un preciado don!!!
Bicos nocturnos.;)

Clara Flor dijo...

E a primeira vez e lembrame moito este blog a uns amigos, no estético e nos medos, e eu digoche, vive...e teimas fora...!. Se positiva como a guapa que puxeches na foto, ela tan tan colosal. Animo!

Anónimo dijo...

Eu coñezo a Lula Fortune.
Ou penso que coñezo a Lula Fortune.
Ou,quizais,somentes a maxinei.
Pero unha cousa é segura :o único que póde reflexar o espello é unha imaxen grácil e luminosa.

Lula Fortune dijo...

Benvida, Claraflor. Un bico.

Anónimo: Glups!!