Gosto dos domingos pola mañá. Abro os ollos pouco a pouco e os contornos das cousas vanse facendo reais na penumbra do cuarto. Ás veces escoito a choiva. Entón apretuxo contra Sailor que respira tranquilo pero sempre me acolle cun ronroneo de aprobación.
Mentres a mañá avanza polos buratos da persiana, remoloneamos tenramente baixo as sábas.
Logo, Sailor érguese e vai cara a cociña. Cos ollos ainda pechados escoito o tintineo dos cacharros e adiviño: a billa da auga, a rosca da cafeteira, o caixón, o clack-clack da churreira... e arrebúxome un pouco máis, dona e señora do territorio.
Axiña escoitarei o renxer da sartén e chegará ata eiquí o cheiro inconfundible dos churros, auténticos churros que Sailor amasa coas mesmas partes de auga ca de fariña, que frite e espolvorea con sucre... Empezo a sentir a corteza quente nos beizos, convirtíndose en tenra masa, en esponxosa e doce materia de domingo.
Abro os ollos e son os seus labios os que me din -entre moitas outras cousas- que o almorzo está listo.
8 comentarios:
The 2rro vibrator. Eso xa sería o máximo. Pero non vou dar pistas aos creativos.
Non teño arranxo. Desde tempos inmemoriais o meu espertar adoita ser penoso e túzaro, de mal humor, sen palabras, pasase o que pasase a noite anterior. Un defecto de carácter, sen ningunha dúbida.
Estaría ben que vostede e o seu Sailor escribisen un libro de autoaxuda para saber cómo conseguir eses espertares luminosos e azucarados, con ou sen churros.
Un saúdo e que o almorce ben.
AY, que yo también como churros, con chocolate y nata, los domingos...!!!
esos rituales son detallitos ligeros que aportan dulzura a nuestras vidas...
di que si..;)))
É refrescante este paseo que din hoxe pola súa casa. Hai toda unha celebración da vida nos seus últimos posts.
Que boa pinta teñen eses churros, que boa man ten o seu Sailor!
Un bico doce, Lula.
Ai! Arume, qué romántico se pon vostede os domingos...
Api: non creo nos libros de autoaxuda, pero pode vir por esta casa sempre que queira. Bicos doces.
Nanci: así que alimentando las asas del amor,¿no?.
Besitos cubiertos de nata.
Está vostede convidada, Doutora, sempre que o desexe. Bicos refrescantes, pois.
Tengo que comprarme estas rebajas una máquina para hacer churros,decidido!!!
Las asas.... recuerdo lo de las asas del amor.
Que rico desayuno.
Saludos a Sailor. Esta tarde cuento lo de NY.
Con algo había que consolarse para no caer en depresión envidiosa por vuestro viajecito...
Publicar un comentario