sábado, 15 de septiembre de 2007

JACKSVILLE


(En anteriores entregas: GETAWAY, TIEMPOS DIFÍCILES...)

Cando chegamos a Jacksville só tíñamos 20 dólares e o depósito do Corvette valeiro. Era unha cidade pequena, de rúas estreitas e húmidas porque, en Jacksville, chovía sempre. Alugamos un cuarto no hotel Paraíso e a súa dona, unha loira entrada en carnes e descarada, foi amable e xenerosa con nós. Nunca souben o seu verdadeiro nome, todo o mundo a chamaba Beautiful. E ela chascaba os dentes e se daba palmetadas no cú cando servía o café polas mañás. Dicían que o seu ex marido fuxira cunha criada chinesa vinte anos máis xoven. Cando a súa aventura rematou, Beautiful cambiou as pechaduras e largouno con vento fresco sen deixarlle coller, nen sequera, a súa colección de discos de Bob Dylan. Algunhas noites, Beautiful, sentaba no porche cun vaso de whiskie e escoitaba Sad eyed lady of the lowlands horas enteiras. Sen dúbida faría boas migas con Peggy Sue.


En Jacksville estaban acostumados aos forasteiros e non facían preguntas mentres pagaras o que debías. Sailor atopou traballo na gasolineira das aforas e eu axudaba a Beautiful no hotel. Non había moito que facer dende que pecharan o cine. Aquela última noite puxeron As neves do Kilimanjaro e eu esperei a que todos saíran para pedirlle ao dono o cartel da película. Camiñamos baixo a choiva morna co cartel baixo o brazo mentres os neons se extinguían para sempre.


Outros días, cando a choiva se facía gris e teimuda, quedabamos na casa inventando veráns coas nosas caricias, bicos con sabor a pastel de mazá, corpos enleados en doces combates, alentos quentes envolvendo o abandono... Non era perfecto. Sabiamos que non duraría moito. Pero pasase o que pasase máis alá do inverno, sempre nos quedaría un cuarto no Paraíso.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver... cuantos de nosotros cambiaríamos una colección de discos de Bob Dylan por una chinita 20 años más joven...???

Sí... me temo que mi mano también es una de las que están levantadas...

Lula Fortune dijo...

Hombres, hombres...pero si ya lo dijo Paul Newman:"Teniendo un solomillo en casa , cómo voy a salir por ahí a comer hamburguesas" (y creo que la señora Carrascus estará de acuerdo conmigo). Un beso dominguero;)

Sintagma in Blue dijo...

Que non é pouca cousa.

bicos

Suso Lista dijo...

Boa historia do medio oeste. Ben, moi ben.

Anónimo dijo...

Todo unha personaxe esa Beautiful. Ter un Paraiso a man sempre ven ben, coido que apartir de maña chove...

Anónimo dijo...

Lula: deita ao meu lado. Estes recordos encenden o meu corazón salvaxe.

Lula Fortune dijo...

Sintagma... de cando en vez conven mirar para o lado.Levaríamos gratas sorpresas.Un bico cercano.

Hola outra vez Señor percebeiro, é un honor telo por eiquí.Bicos renovados.

Doutora, convén atesourar parísos como as formigas.Xa dixen que o inverno ía ser longo.Un bico paradisíaco.

Ay! Sailor...