martes, 30 de octubre de 2007

MASOQUISMO OTOÑAL



Este sol primaveral e esta luz estanme virando o mundo do revés. Descendo polo outeiro de Teis co mar ao fondo e a límpida silueta das Cíes; enton sobrevenme iso tan poético de "sensación térmica". Por un instante os meus sentidos conseguen enganar á miña mente e véxome en Xuño coa promesa do verán susurrando nas costas.

Fozo nas feridas e atopo caixóns cheos de recordos...

Pergognano 200....
Voltar a Toscana é como voltar a casa. Sentirse nun lugar reconocido, amable e acolledor.

Séntome na porta ao caer a tarde e miro o outeiro que se ergue diante da casa, xusto detrás dos cipreses. Podería estar así horas enteiras. De cando en vez unha brisa quente move as follas nun simulacro de friaxe. Vai tanto calor que non se oen nen os paxaros, nen sequera os pavos que estes días correteaban nas casas veciñas. Pola noite, os grilos tolean e agardamos sempre "un pouco máis" coa esperanza de que refresque.


Este ano vimos poucas estrelas fugaces. Polas tardes levántanse unhas nubes que palidecen o día, ameazan chuvia e máis nada. A mañá é abrasadora, luminosa e volta a empezar.


Hoxe foi un día delicioso. Seguimos a Piero della Francesca a través de pobiños desertos onde nos abren as portas de igrexas valeiras, de museos ainda máis desertos... Sansepolcro, Anghiari, a Madonna do parto, a Resurección.


Fortificacións inverosímiles repousan no cumio dos outeiros, rúas estreitas, empedradas, desbordadas de xeranios e de silencio. Vellos de mans grandes e facianas esculpidas que sentados ás portas saludan cunha inclinación da testa.


A calor é abafante pero non me queixo. Aquí en Toscana é coma si o corpo fora reversible , coma se de súpeto os nosos descoloridos e abotargados sentidos desen a volta e rexurdise un novo eu, atento a todo o externo.

Toscana é a festa dos sentidos: as cores amarelas, verdes, ocres... o sabor do chianti que te quenta por dentro, das pappardelle nas noites da Tuffa ou da Roggi; o son das arbres mecidas polo vento, dos grilos, da suave gorgia toscana, mesmo dalgunha aria nas noites operísticas de Cortona; o tacto liso e refrescante da sandía que verte pola man abaixo, pola nosa pel que sae cara fóra, como se o noso corpo buscara, na súa reversibilidade, fundirse co primitivo, co sinxelo...

O meu vello diario segue, pero eu non podo máis. As bágoas están xa mollando o único plano que teño do tesouro.

4 comentarios:

apicultor dijo...

Non sei, non sei... non sei se vostede terá algo máis que ver co Arume, a parte de ser veciños e residentes en.

Quen me dera na Toscana!

Lula Fortune dijo...

Non crea, Api, que Citröen sur Mer é moi grande e a Toscana non digamos. Din que Sting ten unha casa alí, pois eu por máis que abro os ollos non o vin nunca. Bicos italianos.

carrascus dijo...

Lo tuyo con Sting empieza a preocuparme, Lula... y supongo a que a Sailor más aún...

Lula Fortune dijo...

Sailor me conoce bien y sabe eso de que "perro ladrador.."
De todas formas, tienes razón, el chico no está mal, pero no es para tanto. Besos puenteados.