lunes, 8 de octubre de 2007

I LOVE VIGGO







Nun escuro e claustrofóbico Londres desenrólase a derradeira película de Cronenberg, Promesas del Este, co mesmo guionista da fantástica Negocios Ocultos, Steven Knight.

Nela, Anna, que traballa como comadrona nun hospital, debe atender a unha xoven de 14 anos embarazada que ingresa cunha hemorraxia. Co seu equipo consegue salvar ao bebé pero a xoven morre, deixando como única pista da súa identidade un diario escrito en ruso. Tirando do fío do diario, Anna porase en contacto co perigoso mundo das mafias rusas e co máis que inquedante Nikolai/Mortensen.


Debo recoñecer que a primeira parte pareceume falta de ritmo: as constantes negativas do tío de Anna, de orixen ruso, de traducir o diario; as repetitivas visitas ao restaurante de Semyon, o xefe mafioso: daba a sensación de que aquilo non avanzaba. Tampouco a doblaxe axudaba moito xa que, na miña opinión, caricaturizaba en exceso aos mafiosos. Por poñer un exemplo, a persoaxe de Kirill, o fillo do mafioso, resulta patético, xa polos excesos interpretativos do actor como por termos que soportar un acento de serie B.

Pero é aquí neste punto onde debo mostrar a miña rendición absoluta a Viggo Mortensen (en realidade xa me rendín hai tempo). A súa recreación do esbirro Nikolai (con sorpresa final) resulta soberbia, agrandada na versión orixinal cun inglés cavernoso de resoancias eslavas.



A partir da mitade da cinta aproximadamente a súa persoaxe medra e a intensidade do relato tamén. A escea de violencia nos baños públicos foi a máis impactante que vin nos últimos anos (xunto coas exclamacións do público da sala: "¡¡Dios mío!!" "¡¡Hostia!! ).
No fondo brumoso dunha sauna de baldosas cotrosas o corpo espido e tatuado de Mortensen fixo vibrar en mín as máis morbosas pulsións. Fiquei clavada ao asento véndoo debatir a vida ou morte con coitelos chechenos que van lacerando a súa carne, mentres el se revolve cunha violencia crúa e sanguenta.
Pero si eu non gosto dos homes tatuados!!!!! ¿Terei algún tipo de trastorno bipolar?

Sen tempo para sicoanalizarme decidín disfrutar da derradeira media hora sostendo a turbia e glacial mirada de Nikolai ata a palabra FIN.

I love you, Viggo.

10 comentarios:

torredebabel dijo...

pois aquí na Arxentina terías moitos cos que compartir a admiración porque Viggo pasou unha tempada da súa nenez aquí e garda un agarimo moi fermoso polo país que lle gañou, claro, moita simpatía.

MK dijo...

En el fondo brumoso de una sauna ...Vigo Mortensen?.
Niña , no me extraña nada eso que te pasa . A ver quién es la jotera que se le resiste..
Me gusta porque cada vez más tiene un aire a Sam Sheppard .Que siempre ha puesto en danza mis pulsiones.

carrascus dijo...

...no os cansais de ver a este tío últimamente hasta en la sopa...?

Lula Fortune dijo...

Xa sei, Torre, e creo que fala español perfectamente. Ademáis é que parece tan afable e simpático. Unha xoia! Bicos tranasoceánicos.

Ay!, MK, las pulsiones inquietantes son un reto para nuestra vida, un cosquilleo agradable de insumisión. Besos oscuros y brumosos.

¿Por qué lo dices, Carrascus?. Yo me comería la sopa, el primero y segundo plato y el postre con este chico. Besos ñam ñam.

Doutora Seymour dijo...

I love Viggo, too... aínda que se tivese cartos tería pagado eu mesma para que lle dobraran a voz na película que fixo de Alatriste. Si, seino, é para que vou ver esas películas? que quere que lle diga son cousas que unha fai polos amigos, crueis...
Seguro que en inglés ten unha voz moito máis interesante.
Esta película ten boa pinta, fíome de vostede pois...

DR dijo...

Y se presenta en las ruedas de prensa mateando. Y habla con arrobo de las bondades de nuestro país. Y tiene mucho de bon vivant. Y tiene planta el mozo. Y no es mal actor. Así que no me extraña que el ViRggo Mortensen os encandile. Y que os parezca estar en la misma sauna que el angelito. Por lo del calorcillo.
Relájenseme.
Y no mando abrazo esta vez, que el de uno al lado del que se desearía del rubiales, parece poca cosa ahora.

Lula Fortune dijo...

Vaia velo,Doutora, pero si non lle gusta a peli non me bote as culpas.Bicos en versión orixinal.

Los abrazos son siempre bienvenidos en esta casa, DR, sobre todo por alguien que sabe apreciar los valores del propio sexo. Vengan, pues y otro de vuelta.

SAILOR dijo...

Lula: se chegas tarde hoxe á noite, lembra que tes a cea completamente preparada.

nancicomansi dijo...

Yo quiero verla esta pelki, que Cronemberg es morbosamente especial...
Disfruté de su VIggo en "una historia violenta...realmente el tipo (aunque tatuado, que no me gustan como a tí...)transmite una ambiguedad oscura que te atrapa, y activa de pasada las hormonas...
Si, SI, SIIIIIIII VIGGO!!!!

Lula Fortune dijo...

A ver, a ver si vamos a ser muchas a repartir y nos toca a poco...