lunes, 26 de noviembre de 2007

A CAIXA




Cando recibín a chamada de Peggy Sue, alegréime de veras, pois facía moito tempo que non sabía nada dela. Dixo que se enterara do de Sailor polos xornais, e que nun principio non se decatara de que tiña a solución nunha caixa de zapatos.



Así me deixou, coa promesa de acudir ao cabo duns días coa súa misteriosa caixa.


Peggy Sue non cambiara nada. Tiña o mesmo pelo loiro, as mesmas gafas picudas e o sorriso máis xeneroso que eu coñecera.


- Morreu o cabrón de Bob Thomas -dixo de súpeto-. Ogallá arda no inferno, pero nena, debeu sentir a trabada da culpa nos seus últimos momentos porque deixou esta caixa para mín. Pensei que despois de roubarme os cartos e desaparecer sen deixar pegada, eu merecía algo máis que o seu esquecemento.


Mentras dicía esto, empurrou a caixa cara mín. Mirei dentro como se me fora a saltar unha serpe pero alí non había máis que...










...letras manuscritas de cancións,



















entradas a concertos e carteis,





unha folla dun anuario de instituto,





vellas fotografías,




e recortes de xornais...




- Son dese tío de Minessotta, ese cantante, que o demo o leve tamén, parece un gato laiando. Bob estaba obsesionado con el; dicía que lle roubaba as ideas das cancions antes de que as compuxera. Estaba tolo, non sei como caín nos seus brazos...

E aquí Peggy Sue suspirou apurando o cigarrillo, lembrando non sei qué menceres nos brazos de Bob.

- Ben. Aquí tes todo esto, nena. Ese tipo, Bob Dylan, din que está tendo moito éxito, así que esto ha valer unha morea de cartos. Véndeo e págalle a fianza a Sailor. Polo menos ese vello cabrón fará algo bo dende a tumba.


Non agardou a que llo agradecera. Ergueuse como un resorte e desapareceu no bus que nese momento emprendía a marcha diante da cafetería.

Quedei pensando que as fadas de verdade fuman como tolas, levan xerseis cupiniños de cor rosa e moven o cú con xenerosa lascivia.

















6 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero... pobre Bob Thomas

El Doctor dijo...

Hooper,Dylan, cigarrillos,cafés,letras de canciones,en el camino,poemas,guitarra,armónica,el paisaje que pasa visto desde el interior de un destartalado coche,acampadas bajo las estrellas,y más canciones,y más poemas...
¡¡¡Cuándo nos vamos!!!Malditos tiempos que nos ha tocado vivir.Te juro que pido la baja laboral.
Besos Lula.

Anónimo dijo...

Si es que este Bob Dylan…. Desde que nos enteramos que le mangó el “Blowin in the wind” a un estudiante que quería ser artista ya no nos fiamos de ná de los que nos canta…

Fíjate que el Ambrosio y yo estamos pensando cambiarle el nombre a nuestro blogin' y darle de baja como padrino… Ay, los mitos…!

Anónimo dijo...

Xa vexo que mercou ese estoxo, só apto para fetichistas acérrimos, con todas esas reproducións facsímiles do Robert Zimmermann de Duluth.

Anónimo dijo...

De la H...: que me vai facer chorar, home.

Querido Francisco, mientras no inventen la máquina del tiempo, lo tenemos crudo. Mejor pide una excedencia, por si las moscas. Besos míticos.

Desde luego Carrascus, esto de los mitos ya no es lo que era.. si no que se lo pregunten al pobre Bob Thomas.
Besitos on the road.

Api, ¿quen dixo facsímil? Son absolutamente orixinais do desgraciado Bob, o amigo de Peggy Sue. ;) Biquiños.

Anónimo dijo...

Encántame Hooper, Peggy Sue, Dylan tamén pero non tanto (estou excomulgada?), que Saylor saise con ben, e sobre todo ese último parágrafo...
Un bico Lula.