domingo, 11 de noviembre de 2007

TANNER 3








Querida Lula:





Hoxe vaguei pola casa con milleiros de cousas na cabeza e sen a determinación de facer algo. Agardei o anoitecer a caron da ventá e, a medida que escurecía, invadiume esa melanconía imprecisa, esa sensación de fracaso da que non poido fuxir. Vinme, un día máis, diante deses rapaces, proxectos inconclusos de seres humans, e xa non sinto nada. Están tan lonxe do que eu poda ensinarlles, do que eu poda decirlles .... nun mundo irreconciliable e remoto onde non hai marcha atrás.





Tania chegou da man da orientadora cando o curso xa comenzara. Non sabía en qué asignaturas se matriculara, nin se tiña materias pendentes. Sempre estaba triste; nunca lle vin un sorriso nos beizos. Miraba dende a beira das súas olleiras cando lle explicaba algo, pero toda ela dirixíase máis alá de min, a uns confíns inimaxinables de miseria e abandono.





Tiña o cabelo tinxido de loiro, cunha enorme raiz negra que non consegueu agochar en todo o ano cos tintes baratos que compraba no chinés. Levaba os pantalons moi apretados e un forro polar vermello que foi a única prenda de abrigo que trouxo todo o inverno.





Un día atopeina pola noite no outro lado da cidade. Estaba sola e creo que se alegrou de verme. Dixo que era o seu antigo barrio e viñera ver aos seus amigos. Despois souben que o concello realoxara á súa familia perto do meu Instituto diante do perigo de derrube da casiña onde vivían.



Tania levaba varios anos sen escolarizar e a meirande parte das veces que lles deixaba tempo para facer os exercicios, ela debuxaba abstraída nas marxes do libro sen tapas que alguén lle prestara. Outras veces, miraba para min dende o pozo dos seus ollos escuros deixándose abanear por verbas que non entendía.




A súa figura sixilosa perdeuse para sempre un 23 de xuño.

Quizáis nunca estivera entre nós.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Dimensións paralelas, invisibles as unhas para as outras. Así vivimos.

Anónimo dijo...

Lula... hubieses hecho guiones mejores que los de la serie.