miércoles, 14 de noviembre de 2007

PANE, AMORE E FANTASÍA

Esta deliciosa película, Oso de Ouro en Berlín (1954) supuxo o lanzamento da xovencísima e espectacular Gina Lollobrígida e o consagramento do seu director Luigi Comencini.

A historia comeza coa chegada a un pequeno pobo do maresciallo Antonio Carotenuto, un Vittorio de Sica en estado de gracia, e os seus devaneos entre a xoven María detta la Bersagliera e a misteriosa comadrona Annarella. María, a máis fermosa e pobre, bebe os ventos polo miñaxoíña do carabiniero Pierto Stellati e Annarella agocha un segredo que lle impide dar o sí sen condicións. Así, entre idas e vidas ao bosque, cestiños de froitas, falsos miragres e unha antolóxica declaración de amor enriba dunha bicicleta transcorre este clásico considerado no seu tempo unha puñalada trapeira nas costas do neorrealismo.

Construído segundo as regras da Commedia dell'Arte, presenta persoaxes predeterminados, pero tocados pola varita máxica do xenio interpretativo. Comencini actualiza a vella estructura narrativa con pequenas esceas nas que bule con abafante descaro e vitalidade a alma eterna de Colombina e Arlechino.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Seguro que a vin pero non me lembro... Como crítica de cine non ten vostede precio, menudo resume!

Anónimo dijo...

Si ese cartel de película fuese actual en vez de tener cincuenta y tantos años, el militar tendría su mano derecha varios centímetros más abajo...

Anónimo dijo...

Unha película autenticamente deliciosa.

Felicítoa polo seu bo gusto en xeral e polo cinematográfico en particular.

MK dijo...

No la he visto.Pero el título me parece delicioso.

Anónimo dijo...

Espectacular diálogo que dá nome á película:
De Sica: (A un labrego sentado nun banco) "Que comes?"
Labrego: "Pan, maresciallo!"
De Sica: "E dentro?"
Labrego: (Abrindo o pan sen nada dentro) "Fantasía!!"

El Doctor dijo...

Amo a De Sica.Padre del neorrealismo italiano y de sus mejores obras en este movimiento.¿Has visto Los girasoles?una maravilla.Ya nadie se enamora de esa manera.
Creo Lula que has vuelto a ponerme romanticon¡ay!.
Besos.

Anónimo dijo...

¿Por qué será que la palabra "deliciosa" es la que más se repite para definir esta película?
Tal vez por la calidad del manjar, o sea, fantasía.
Gracias a todos, hoy ha sido un día un poco duro para mí y es una alegría salir de él por esta ventana.
Besos apretaos para todos: Doutora, Carrascus, Api, MK,Francisco y Arumes.

Anónimo dijo...

Eu o de deliciosa dicíao máis ben pola Gina Lollobrigida. :)