martes, 6 de noviembre de 2007

CORRESPONDENCIA




Cando levaron a Sailor, o tempo empozou ao meu redor ata afogarme.


Beautiful declarou ao seu favor no xuizo, ainda que nada foi abondo para salvalo. Nen sequera o feito de que o morto estivese reclamado en tres estados por máis que probados delitos de sangue.


Decidín quedar en Jacksville. Agardaría a Sailor o tempo que fose necesario, a vida enteira e todas as vidas futuras. Pero non podía ficar por máis tempo no Paraíso e Beautiful comprendeuno. Deume un abrazo de despedida e deslizou a chave do noso cuarto no meu peto: "Para cando volva Sailor".


Enton comecei a escribirlle cartas.


Debuxei verbas escuras para tapar aquelas noites de treboada, que despois rompía. Dibuxei verbas espidas que mentisen entre dentes porque non quería falarlle da enormidade do meu cuarto vacío. A miña letra picuda fíxose ferida e a cada liña doíame ata o meu lapiz amarelo.




El só me escribía poemas:




No hotel Orange de York gastabas


alcume de cores: esmorecía


marzo ou se cadra levantávase


nordés sen acougo. Eran


horas de febre e de páxinas sen pó


nen froles murchas:


o mar estaba lonxe e o río baixaba


con esperanza de mirtos.


No Dauphine Blue adoitabas


non mirarme; revolvías


o sucre coa melancolía exacta;


o sol desaparecía,


pero ti nomeabas


un arbre e entón apuraba


a tépeda auga de Punta Vigilio.


Non pretendo evocar


esas ceremonias de nostalxia, con chagas


que nunca se abren: só descubro


chairas de plata que compartimos,


ou a friaxe de saloucos e


o inverno de bancos e buxo


que aínda non minten.

7 comentarios:

Ana Bande dijo...

Ola Lula, sempre que quero vir a verte sáeme unha mensaxe de "sitio perigoso" e unha recomendación de non voltar por aquí, ¿será que tes algún virus no bló? Agora mesmo está parpadeando unha fiestra que me recomenda saír canto antes deste sitio...¿pero tan perigosa és?
Agora voume pero xuro que volverei malia ter que loitar contra tódolos aliens virais que se me poñan por diante...

Anónimo dijo...

El verdadero peligro está en dejarse mecer por la prosa de Lula... ese virus no tiene vacuna.

Besiños.

Lula Fortune dijo...

Cómo gosto de ser perigosa e pouco recomendable !!!! Non sei se mirarme iso ou deixalo así. Bicos ao roxo vivo para os meus arriscados amigos.

Anónimo dijo...

Perigosa non: o perigo mesmo!

nancicomansi dijo...

me dejo infectar, herir, enfermar, picar por las palabras-insecto de Lula...

un besiño!!

El Doctor dijo...

¿Estoy en el interior del cuadro? ¿sumergido en el texto? ¡Y eso que importa!Estoy en el mundo de Lula y eso es suficiente.
Besos.

Lula Fortune dijo...

Gracias mis queridos Api, Nansi y Francisco por arriesgaros. Os dejo un regalo de fin de semana en el siguiente post. La fortuna (Fortune)recompensa a los audaces. Besos mil.