viernes, 5 de octubre de 2007

BEATUS ILLE




Ao meu amigo E. gostaríalle reencarnarse en hipopótamo. Non en cabalo ou gaivota, non: en hipopótamo.


O hipopótamo é grande e carnoso, vive enzoufado nunha charca todo o día. Se ten sede, só ten que mergullarse uns milímetros. Se ten fame, abrir a bocaza e engulir todo o que está no seu radio de acción. Se lle pica o lombo, veñen eses paxariños ledos a picotearlle a cocorota e listo.


Por poñerlle unha pega a tan fiado razoamento díxenlle:


- Sí, pero esas charcas, coa sequía que vai en África, están desaparecendo.


- Non pasa nada -contestou- sempre hai alguén de National Geographic que te colle en helicoptero e te leva a outra charca.


Non puiden rebatilo.


Como ideal de vida é sinxelo e impecable.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

...me estoy fijando... y la vida de los hipopótamos es como la de algunos de los gatos que hay en micasa, joé... se podrán morir de cualquier cosa, menos de stress...

A veces les he envidiado y sentido como tu amigo. Pero pensándolo bien, se me pasa enseguida... en realidad no hay nada más cansado como no hacer nada durante mucho tiempo.

Anónimo dijo...

Es verdad, yo envidio esa inactividad, ese dolce far niente de algunos bichos pero luego, como soy una fuguillas, me pongo nerviosa si no estoy haciendo algo. Pero como alternativa momentánea no está mal. Un beso perezoso.

NoSurrender dijo...

Oh, me encanta! yo también quiero ser hipopótamo!

Cuando lo consigamos quedamos para darnos un baño de lodo, Lula ¿vale? hablaremos del tiempo en la sabana y de las hipopótamas!

;)

Lula Fortune dijo...

De las hipopótamas no, que son unas brujas!!! mejor de los pajarillos pica-cocorota que me hacen más gracia. Besos en el fango.

Lula Fortune dijo...

De las hipopótamas no, que son unas brujas!!! mejor de los pajarillos pica-cocorota que me hacen más gracia. Besos en el fango.

Anónimo dijo...

Eu tamén quero reencarnarme en tan plácido e nobre animal, parente moi lonxano dos nosos quiros. E se Lula vén vestida de exploradora a resgatarme para levarme a unha charca ben fresquiña e limpa, mellor que mellor.

Anónimo dijo...

Mellor "poza" que "charca".

Anónimo dijo...

É que o meu amigo é de Vilalba e vai moito á Charca do Alligal de Codesido. Foi alí onde tivo estas revelacións e fíxenlle unha homenaxe. De todos os xeitos, gracias pola corrección, o galego non é a miña língua nai e fago o que podo. Bicos.

Anónimo dijo...

Non, amiga miña, eu corrixíame a min mesmo. Eu nunca corrixiría a unha dama.