lunes, 15 de octubre de 2007

NUBOSIDADE

Aquela tarde o ceo estivera caprichoso e aburrido. Ao fin, encheuse de presaxios negros como furados e, coas primeiras gotas, Beautiful moveu o seu cú xeneroso por entre as cadeiras do xardín. Co pitillo empapado nos beizos foi recoller a roupa entre xuramentos.


Nese momento, un Ford color café con leite esvarou paseniño pola comisura do noso destino.


Ao home do Ford chamábano Scarshoulder; cumpría sempre os encargos e xamáis preguntaba o nome do morto. Cando tiña nove anos, matou cun machete ao seu pai e afogou a súa nai cunha madexa de lá. Non coñecera máis verbas cás sentencias do xuíz e máis sonido có ruido da celda ao pecharse. Con dezaoito anos era xa un animal sanguento e silencioso, co zarpazo certero dos depredadores que axexan ás súas presas sen mover unha pálpebra.


Aparcou na parte de atrás do hotel coas luces apagadas, é só de cando en vez, o diminuto punto roxo o seu pitillo alumeaba como un ollo diabólico.


Cando Sailor chegou, afoguei as verbas malditas nos seus ollos azúis e como dous anxos expulsados do Paraíso, caímos polo chan feridos polas dentelladas do desexo. Bicamos ferozmente nunha loita de alentos e saliva. Quería a pel de Sailor, o seu sabor salvaxe e puro; quería perderme polos camiños máis escuros do seu corpo cansado; quería que as súas mans me fixeran estoupar e desaparecer para sempre sen deixar un anaco. Necesitaba posuír todo o que a xustiza dos homes me ía arrebatar.


Entón, parou de chover e o mundo volveu ao seu ser.


Sailor colleu a súa chaqueta de pel de serpente, e o seu revólver.


Saíu á rúa.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Coñe, Lula... en vez de Laura y Nick pareceis Grace y Gary en aquella película del oeste de Fred Zinnemann...

...En las escenas censuradas, claro.

DIARIOS DE RAYUELA dijo...

O Bonnie and Clyde.

Anónimo dijo...

Non, como Bonnie & Clyde non podería ser. De todos é coñecido que o bo de Clyde non podía contentar á boísima de Bonnie. Véxase, ao respecto, a película de Arthur Penn co guapo Warren e coa sensual e fermosa Faye.

Anónimo dijo...

Gustariame rencarnar nas puntas dos dedos de Warren Beatty. Woody Allen.

Lula Fortune dijo...

Véxovos a todos mui cinéfilos...pero debedes saber que as historias de Sailor e Lula son esencialmente reais. Toda similitude coa ficción é pura coincidencia. Bicos a repartir.

Anónimo dijo...

Sempre para de chover cando máis falta fai a auga...
Aquí case se sentía o recendo da rúa mollada, e podería xurar que alguén está fumando... E vostede moi sensual contando.

Anónimo dijo...

Jo, que sorte ten o seu Sailor!

Lula Fortune dijo...

Doutora: Un pouco se sensualidade non vai nada mal nestas vidas aas que levamos. Bicos sentidos.

Api: non sei se Sailor terá sorte, pero pódolle asegurar que eu, sí. Bicos suertudos.

Lula Fortune dijo...

...quería dicir vidas "apresuradas", pero escribín tan rápido que xa ve, Doutora, o que nos perdemos polas presas...

Anónimo dijo...

Dobre sorte a favor do seu Sailor: ter a quen pensa que el é o afortunado. Tocoulle, xaora, a lotaría.

Unha aperta.

Anónimo dijo...

... ter a quen pensa que ela é a afortunada.