sábado, 8 de diciembre de 2007

IMÁXENES DA GRAN MAZÁ 2


Non é nengún mendigo aínda que polo seu aspecto o pareza. Ten as mans cuidadas e finas. Le un libro e toma unha bebida macrobiótica mentres quenta os osos ao sol primaveral de New York. É moi alto e camina con elegancia por máis que tente de camuflar o súa figura aristocrática baixo eses farrapos.



É a primaveira de 2005 e estou en Washinton Square (a de "Descalzos polo parque"). A praza toda é un fervedoiro de estudantes que cruzan camiño da Universidade, ou sentan na herba a charlar ou tocan os bongos mentres se pasan un canuto.





Case non hai xadrecistas, tan só vexo duas mesas ocupadas (as de "Buscando a Bobby Fisher") e os contrincantes están máis pendentes do que pasa arredor que da partida.















A vida ábrese paso nos arbustos, nas espidas arbres que reverdecen ao redor da estatua de Garibaldi, nas trenzas multicor das nenas negras que saltan con duas combas.





Volvo os meus ollos cara a el, que segue a ler impasible.





Quero darme folgos para me acercar e ensaio mentalmente un par de frases en inglés, pero non me decido. Qué lle podo dicir? Que me gusta todo o que toca? Que convirte calquera película que interpreta en algo especial ? Que recordo todas e cada unha das súas olladas nesa faciana angulosa e difícil?





Unha vella cun canciño que estaba trás del adiantouse e, cando eu paso de largo, dame tempo a ver o seu enorme e amable sorriso mentres lle asina un autógrafo.





Por qué serei tan cobarde? Era el. E eu non lle dixen nada.

14 comentarios:

conde-duque dijo...

Pues no caigo. ¿Quién es?

Anónimo dijo...

Hagan juego, señores!!!

Anónimo dijo...

Mecachis la mar. É imposible saber quen é. Amplío a imaxe, consulto con Conchi, colega e gran coñecedora de actores, e tampouco o recoñece. Réndome!

Se aínda dese algunha pequena pista...

Paco Becerro dijo...

Ni la Rubia Azabache ni yo caemos tampoco en quién es. Puede ser el Clooney en la época de Syriana?

Besos desconcertados

DIARIOS DE RAYUELA dijo...

Juro que ayer cuando lo leí amplié la imagen. Como no caí, supuse que me había convertido en una analfabeto funcineonal. Ahora que veo los comentarios me atrevo a confesar. En ascuas nos tienes.
Por cierto las dos películas citadas me gustaron mucho cuando las ví. Hace tiempo.
Un abrazo y sácanos de este sinvivir.

Anónimo dijo...

Suban las apuestas!!! Hay premio: un DVD de una de sus primeras pelis (que haré llegar al agraciado/a, sea como sea).
No puedo dar muchas pistas porque es muy conocido. Digamos que no es George Clooney (en Syriana estaba gordo y dije que éste era delgado).
Por aquella primavera en que lo vi, salió en la portada de varias revistas americanas de esta guisa.
Ánimo!!

Anónimo dijo...

Daniel Day-Lewis!!!

carrascus dijo...

Ya sé....! Es Garibaldi, que ya estaba hasta los güitos de estar de pie en su pedestal y se bajó un ratito para sentarse en el banco ése...

No...?

Anónimo dijo...

Api, non se da por vencido eh? Pois sí señor, o mesmiño Daniel. Ve como on era tan difícil. Agora deame vostede unha dirección(bar, kiosko, casa de amigo...) onde lle poida mandar o premio sen romper o seu anonimato.Bicos.

Carrascus: el más ingenioso, si señor! pero competías fuera de categoría...ya buscaré yo algo para ti. Besitos, besitos.

Anónimo dijo...

He, he. O mellor premio é a satisfacción de ter acertado (e os bicos a través do ecrán, por qué non recoñecelo).

Prefiro que cos cartos que lle costaría o DVD de agasallo, merque un para vostede e que o disfrute en boa compaña unha tarde destas.

El Doctor dijo...

Me ha gustado mucho tu nueva entrada,Lula.Son muchas las cosas que podría comentarte sobre todo lo que dices,pero debo ser conciso.La película de Saks ¡Me encantan las obras de Neil Simon!Cuando era más joven quería escribir como Simon,y al final he terminado siendo uno de sus personajes.
Besos.

Lula Fortune dijo...

Api, deso nen falar. Son unha muller de palabra. Cando o teña decidido, fareille saber un sitio aquí, en Citroën sur Mer, onde pode recoller o premio. Faltaría máis!!!
E dígame, acertouno vostede soíño ou tivo axuda?

Francisco, puedes explayarte todo lo que quieras. Esta casa tiene espíritu hospitalario y rabiosamente libre.
Besos mil.

Anónimo dijo...

Eu hai cousas que as fago soíño de todo. Esta é unha delas. Hai outras pero, por pudor, non as conto.

MK dijo...

Niña...Yo la verdad es que hablo mucho pero luego me corto mucho también ...pero verlo en persona , con esa barba gris , esa primoroso aspecto raido , libro , sonrisa...me tiro al suelo le sujeto la pernera del pantalón ...y que me arrastre , queme arrastre...