Baby, i know it's hard to believe but this body here is free tonight. Let me take U round the world. U need it real bad, U need it so bad. Maybe, if you`rere good girl. International lover.Prince |
sábado, 30 de junio de 2007
Etiquetas:
Música
miércoles, 27 de junio de 2007
SAILOR CHEGA
Cando Sailor chegou ao pobo, era o único que tiña unha chaqueta de pel de serpente. Foi un agosto infame, e xúrovolo, novelos de palla voaban polas rúas de Bridgestown, Arizona.
Coas primeiras néboas de setembro vino merodear pola piscina. Fixo algúns amigos e era doado velo no bar de Peggy Sue coa súa guitarra. Gustaba de Bob Dylan e non paraba de falar dunha tal Suze Rotolo. Pero aquela derradeira tarde de verán vino saír da auga sen darme tempo a respirar. Púxose tan perto de mín que o corazón saíame pola garganta. Estaba todo mollado e sorría cando me bicou. Tiña os labios frescos e húmidos; foi como deixarse caer nun mar de nubes. Rendinme.

Lula y Sailor
sábado, 23 de junio de 2007
NIT DE SAN JOAN
Cando era pequena meu pai comprábame unha caixiña onde viñan enterrados en serrín varias ducias de petardos que os cativos tiñamos permiso de estoupar contra a rúa. Daquela eu vivía en Barcelona, nesa fermosísima cidade que recordo ferida por lumeiras infinitas nesta noite de San Xoan. Hasta a miña azotea chegaba a música do Entoldat onde o vecindario frotábase coa melodía de moda e lle daba ao vermú. Marchei dalí aos 14 anos, pero en noites como ésta ainda me vexo empoleirada nunha infancia en branco e negro. Só aqueles lumes lonxanos mantiñan quente a esperanza dun tempo mellor.
Etiquetas:
Eu
viernes, 22 de junio de 2007
jueves, 21 de junio de 2007
Feridas
Voume,dixen no traballo, Sailor necesítame. Peggy Sue miroume por enriba das súas gafas de pasta rosa: non lle lamas as feridas, encanto, os homes acostumanse enseguida.
Pero eu so pensaba en Sailor mentres me alonxaba pola autopista. Pensaba na súa cicatriz tenra, no tremer do seu corpo cando aproximaba os meus beizos a carne ferida...
Estades todos equivocados. Sailor non é como os demáis homes.

miércoles, 20 de junio de 2007
lunes, 18 de junio de 2007
Etiquetas:
De todo un pouco
domingo, 17 de junio de 2007
DEZ PASOS
Din que JRJ escribía diante dun pano negro para que nada poidese distraer os seus sentidos. Zenobia so vería a súa caluga esencial mentres se ocupaba de organizarlle ese mundo exterior do que fuxía: encher a despensa, falar co xardineiro, darlle a comida a Platero... E sobre todo gañar cartos para que na casa non faltase o necesario (incluído o pano negro).
Gústame a poesía de JRJ, pero coñezo moitos homes inútiles que nin sequera nos deixan a compensación intelectual da sua creación artística.
Este post adicollo as bloggeiras e "bloggeiras consorte" nun mundo de calugas sesudas diante da pantalla negra do ordenador.

Mulleres
sábado, 16 de junio de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)