Mostrando entradas con la etiqueta Lula y Sailor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lula y Sailor. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de marzo de 2010

SI HUBIESE ETERNIDAD...


Para alguien que cumple años hoy.

I love you more than ever, 
more than time and more than love,
I love you more than money 
and more than the stars above,
Love you more than madness, 
more than waves upon the sea,
Love you more than life itself, 
you mean that much to me.


Ever since you walked right in, 
the circle's been complete,
I've said goodbye to haunted rooms 
and faces in the street,
To the courtyard of the jester 
which is hidden from the sun,
I love you more than ever 
and I haven't yet begun.

You breathed on me 
and made my life a richer one to live,
When I was deep in poverty 
you taught me how to give,
Dried the tears up from my dreams 
and pulled me from the hole,
Quenched my thirst 
and satisfied the burning in my soul.

domingo, 4 de mayo de 2008

ANIVERSARIO



Siempre nos quedará Paris...

Y un agosto abrasador de noches abiertas como ventanas.

Y un camino de lagartijas en la isla de Capri.

Y viejas fotografías tal como éramos.

Y lluvia, siempre lluvia en los soportales de Santiago.

Y la plaza de Mazarelos un domingo por la tarde.

Y una canción italiana en lo más crudo del crudo invierno.

Y el foro romano desierto y gris en una fría mañana de mayo.

Y una hondonada en Camb Bay.

Y risas al borde del camino.

Y maletas perdidas en el apartamento de la calle 72.

Y el último concierto de él.


Y el resto de la vida por vivir. (clic)


domingo, 6 de abril de 2008

DESPOIS DA LIBERTADE

(Traducción en el primer comentario)

Derradeira entrega : LIBERTADE

Chegamos a Camb Bay un día de temporal furioso que barría todo vestixio de vida nas rúas valeiras e grises. As arbres tronzaban con violencia, as barcas esnaquizaban contra o peirao e todo arredor tiña un aire espectral. Seguimos unha luciña que nos levou ata un pequeno bar, no que entramos empurrados polo vento enfurecido que apenas nos deixaba camiñar.

Dous homes acodados na barra xiraron a cabeza cara a porta. O máis vello xogaba cun vaso onde bailaba un licor amarelo. A luz dunha lámpada de gas dáballe de cheo nas mans, enormes e enroxecidas, pero apenas lle debuxaba un perfil rochoso na cara.
Ao máis xoven caíalle un cigarro dos beizos mentres nos miraba cun ollo chinado. Levaba un pantalón raído e unha cazadora de coiro eslavaxada.
Cando o home que estaba tras a barra dirixíuse a nós e quedou claro que só buscabamos un aloxamento onde fuxirmos do temporal, os dous homes viraron as costas e seguiron ensimismados no seu silencio.
Ao dono do local chamábano Birdline, e no tempo que estivemos alí nunca soubemos por qué. Non lle gustaban os paxaros e non tiña máis rastro animal na súa vida que un televisor cheo de peixes cun perfecto e simulado fondo mariño.


Alugamos un apartamento enriba do bar e mentres nos levaba escaleiras arriba non paraba de falar. Gostaba dos viaxeiros porque el mesmo estivera embarcado no Sea Spirit máis de dez anos. Trasportaban pedra e materiáis de diversa procedencia, non o quixo aclarar, pero dixo que lembraba con morriña aqueles anos, ainda que sempre desexou voltar xunto da súa Rosita.


A casa estaba fría e os cristáis abaneaban co vento, pero Birdline asegurou que Camb Bay tiña un clima soave e un mar calmo a meirande parte do ano. E os solpores máis fermosos da costa oeste, dixo co seu sotaque sibilante e cantareiro. Despois de nos contar as excelencias da cociña de fornica, das camas gamelas e de que non pasaríamos frío en canto encendéramos os gladiadores, deulle as chaves a Sailor e despedíuse cunha palmetada no ombreiro.
Costou quentar aquelas sabas húmidas pola friaxe, esquecer o asubío de vento que atravesaba as paredes por ocos invisibles, afacerse a aquela cama con fondura que nos facía arrolar ata o centro. Foi unha boa fondura despois de todo. E un bo traballo enchela de bicos . E un bo momento para esquecer do mundo e sucumbir en doces batallas.
Non sei qué hora sería cando espertamos aquel día en medio dun gran silencio. O sol estaba moi alto cando abrín a fiestra para ver o calmo e impresionante mar de Camb Bay.
Este podería ser un bó lugar quedarse, dixen a Sailor.
Esperemos ao solpor.

E así o fixemos.

miércoles, 19 de diciembre de 2007

LIBERTADE

(Na última entrega: A caixa)
Collín a chaqueta de pel de serpente e fun á porta da cadea buscar a Sailor.
O demo debía de encender aquel deserto que se extendía por todas partes. Un deserto de pedras e lagartos no chan, de pastosa escuma no ceo, un deserto deitado e morto, agardando.
Estaba máis delgado, pero quedáballe ben.
Levaba os seus vaqueiros azuis e as botas negras. Non dixo palabra. Colleume a cara coas mans e bicamos sen tregua ata sentir o fervente deserto dentro de nós.
Despois, entramos no coche:
-Arranca o motor, Lula, e non pares ata chegar ao mar.
Por un imperceptible momento, sei que os nosos pensamentos foron os mesmos: todo o que queriamos no mundo, todo o que tiñamos, estaba alí diante.
E quixen mirar atrás para ver, con perfecta claridade, como se alonxaban os silencios, as penumbras, as portas pechadas, as verbas valeiras.
Nada podería ser peor que estar sen Sailor.

lunes, 26 de noviembre de 2007

A CAIXA




Cando recibín a chamada de Peggy Sue, alegréime de veras, pois facía moito tempo que non sabía nada dela. Dixo que se enterara do de Sailor polos xornais, e que nun principio non se decatara de que tiña a solución nunha caixa de zapatos.



Así me deixou, coa promesa de acudir ao cabo duns días coa súa misteriosa caixa.


Peggy Sue non cambiara nada. Tiña o mesmo pelo loiro, as mesmas gafas picudas e o sorriso máis xeneroso que eu coñecera.


- Morreu o cabrón de Bob Thomas -dixo de súpeto-. Ogallá arda no inferno, pero nena, debeu sentir a trabada da culpa nos seus últimos momentos porque deixou esta caixa para mín. Pensei que despois de roubarme os cartos e desaparecer sen deixar pegada, eu merecía algo máis que o seu esquecemento.


Mentras dicía esto, empurrou a caixa cara mín. Mirei dentro como se me fora a saltar unha serpe pero alí non había máis que...










...letras manuscritas de cancións,



















entradas a concertos e carteis,





unha folla dun anuario de instituto,





vellas fotografías,




e recortes de xornais...




- Son dese tío de Minessotta, ese cantante, que o demo o leve tamén, parece un gato laiando. Bob estaba obsesionado con el; dicía que lle roubaba as ideas das cancions antes de que as compuxera. Estaba tolo, non sei como caín nos seus brazos...

E aquí Peggy Sue suspirou apurando o cigarrillo, lembrando non sei qué menceres nos brazos de Bob.

- Ben. Aquí tes todo esto, nena. Ese tipo, Bob Dylan, din que está tendo moito éxito, así que esto ha valer unha morea de cartos. Véndeo e págalle a fianza a Sailor. Polo menos ese vello cabrón fará algo bo dende a tumba.


Non agardou a que llo agradecera. Ergueuse como un resorte e desapareceu no bus que nese momento emprendía a marcha diante da cafetería.

Quedei pensando que as fadas de verdade fuman como tolas, levan xerseis cupiniños de cor rosa e moven o cú con xenerosa lascivia.

















martes, 6 de noviembre de 2007

CORRESPONDENCIA




Cando levaron a Sailor, o tempo empozou ao meu redor ata afogarme.


Beautiful declarou ao seu favor no xuizo, ainda que nada foi abondo para salvalo. Nen sequera o feito de que o morto estivese reclamado en tres estados por máis que probados delitos de sangue.


Decidín quedar en Jacksville. Agardaría a Sailor o tempo que fose necesario, a vida enteira e todas as vidas futuras. Pero non podía ficar por máis tempo no Paraíso e Beautiful comprendeuno. Deume un abrazo de despedida e deslizou a chave do noso cuarto no meu peto: "Para cando volva Sailor".


Enton comecei a escribirlle cartas.


Debuxei verbas escuras para tapar aquelas noites de treboada, que despois rompía. Dibuxei verbas espidas que mentisen entre dentes porque non quería falarlle da enormidade do meu cuarto vacío. A miña letra picuda fíxose ferida e a cada liña doíame ata o meu lapiz amarelo.




El só me escribía poemas:




No hotel Orange de York gastabas


alcume de cores: esmorecía


marzo ou se cadra levantávase


nordés sen acougo. Eran


horas de febre e de páxinas sen pó


nen froles murchas:


o mar estaba lonxe e o río baixaba


con esperanza de mirtos.


No Dauphine Blue adoitabas


non mirarme; revolvías


o sucre coa melancolía exacta;


o sol desaparecía,


pero ti nomeabas


un arbre e entón apuraba


a tépeda auga de Punta Vigilio.


Non pretendo evocar


esas ceremonias de nostalxia, con chagas


que nunca se abren: só descubro


chairas de plata que compartimos,


ou a friaxe de saloucos e


o inverno de bancos e buxo


que aínda non minten.

lunes, 15 de octubre de 2007

NUBOSIDADE

Aquela tarde o ceo estivera caprichoso e aburrido. Ao fin, encheuse de presaxios negros como furados e, coas primeiras gotas, Beautiful moveu o seu cú xeneroso por entre as cadeiras do xardín. Co pitillo empapado nos beizos foi recoller a roupa entre xuramentos.


Nese momento, un Ford color café con leite esvarou paseniño pola comisura do noso destino.


Ao home do Ford chamábano Scarshoulder; cumpría sempre os encargos e xamáis preguntaba o nome do morto. Cando tiña nove anos, matou cun machete ao seu pai e afogou a súa nai cunha madexa de lá. Non coñecera máis verbas cás sentencias do xuíz e máis sonido có ruido da celda ao pecharse. Con dezaoito anos era xa un animal sanguento e silencioso, co zarpazo certero dos depredadores que axexan ás súas presas sen mover unha pálpebra.


Aparcou na parte de atrás do hotel coas luces apagadas, é só de cando en vez, o diminuto punto roxo o seu pitillo alumeaba como un ollo diabólico.


Cando Sailor chegou, afoguei as verbas malditas nos seus ollos azúis e como dous anxos expulsados do Paraíso, caímos polo chan feridos polas dentelladas do desexo. Bicamos ferozmente nunha loita de alentos e saliva. Quería a pel de Sailor, o seu sabor salvaxe e puro; quería perderme polos camiños máis escuros do seu corpo cansado; quería que as súas mans me fixeran estoupar e desaparecer para sempre sen deixar un anaco. Necesitaba posuír todo o que a xustiza dos homes me ía arrebatar.


Entón, parou de chover e o mundo volveu ao seu ser.


Sailor colleu a súa chaqueta de pel de serpente, e o seu revólver.


Saíu á rúa.

sábado, 15 de septiembre de 2007

JACKSVILLE


(En anteriores entregas: GETAWAY, TIEMPOS DIFÍCILES...)

Cando chegamos a Jacksville só tíñamos 20 dólares e o depósito do Corvette valeiro. Era unha cidade pequena, de rúas estreitas e húmidas porque, en Jacksville, chovía sempre. Alugamos un cuarto no hotel Paraíso e a súa dona, unha loira entrada en carnes e descarada, foi amable e xenerosa con nós. Nunca souben o seu verdadeiro nome, todo o mundo a chamaba Beautiful. E ela chascaba os dentes e se daba palmetadas no cú cando servía o café polas mañás. Dicían que o seu ex marido fuxira cunha criada chinesa vinte anos máis xoven. Cando a súa aventura rematou, Beautiful cambiou as pechaduras e largouno con vento fresco sen deixarlle coller, nen sequera, a súa colección de discos de Bob Dylan. Algunhas noites, Beautiful, sentaba no porche cun vaso de whiskie e escoitaba Sad eyed lady of the lowlands horas enteiras. Sen dúbida faría boas migas con Peggy Sue.


En Jacksville estaban acostumados aos forasteiros e non facían preguntas mentres pagaras o que debías. Sailor atopou traballo na gasolineira das aforas e eu axudaba a Beautiful no hotel. Non había moito que facer dende que pecharan o cine. Aquela última noite puxeron As neves do Kilimanjaro e eu esperei a que todos saíran para pedirlle ao dono o cartel da película. Camiñamos baixo a choiva morna co cartel baixo o brazo mentres os neons se extinguían para sempre.


Outros días, cando a choiva se facía gris e teimuda, quedabamos na casa inventando veráns coas nosas caricias, bicos con sabor a pastel de mazá, corpos enleados en doces combates, alentos quentes envolvendo o abandono... Non era perfecto. Sabiamos que non duraría moito. Pero pasase o que pasase máis alá do inverno, sempre nos quedaría un cuarto no Paraíso.

sábado, 14 de julio de 2007

GETAWAY

A armónica que lle regalara Peggy Sue resultou ser de Bob Dylan e a Sailor déronlle unha morea de cartos por ela. Mercou un pequeno Corvette roxo, ainda que el gostaba máis dos Cadillacs. Agardei, como el me pedira, coas luces apagadas e a cancela do xardín aberta. A grava rañou débilmente baixo os neumáticos do Corvette. Despois todo foi moi rápido: o primeiro disparo fixo saltar en anacos a bombilla do porche; tremaron os meus pasos precipitados cara a Sailor; dúas lumeiradas máis e o ruxido candente do acelerador encheu a noite. Deixamos a autopista poucas horas despois e tivemos que empurrar o coche hasta as beiras dun río. E alí quedamos, nun ardente campo de bicos sen aire. A carne era doce na inestable fronteira da pel por onde penetraba o amor. Os dedos temían e sabían, buscando en delicados roces, a chave dos húmidos recintos secretos. O sol cegador da mañá fíxonos ascender dende o fondo do tempo á cálida e silenciosa vida. A vida que dende a liberdade nos chamaba.

miércoles, 4 de julio de 2007

TEMPOS DIFÍCILES

A principios do inverno chegaron moreas de homes atraídos pola construcción do gaseoducto e, ao seu rebumbio, o pobo encheuse de oportunistas da peor calaña na percura de diñeiro fácil. Sailor e máis eu paseabamos pola avenida cando o Ford café con leite de aquel home pagado por miña nai pasou clavando os seus ollos de demo en nos. Foi un inverno duro e Peggy Sue tampouco foi de moita axuda. Andaba enamoriscada dun músico de segunda fila, un tal Bob Thomas, que se atrincherou na súa cama para deixarlle despois valeiro o corazón e a caixa rexistradora. O único recordo da súa paixón foi unha armónica esquecida que Peggy Sue lle deu a Sailor: - Toma, ese cabrón mentiroso dixo que lla roubara a Bob Dylan. Sailor apostouse diante da miña casa e tocou a armónica todas as tardes daquel esmorecido inverno. Abría portas e ventás no ceo e eu chimpábame por elas nos seus brazos.

Aquel outono chegaron moreas de homes contratados para facer o gaseoducto. Era xente do sur, falangueira e traballadora, ainda que ao seu rebumbio xerminaron oprtunistas e falabaratos da peor calaña. De seguida esmoreceron todos nas brumas de Bridgestown.


Mentres paseabamos pola avenida, Sailor colleume da man. Nese intre























miércoles, 27 de junio de 2007

SAILOR CHEGA

Cando Sailor chegou ao pobo, era o único que tiña unha chaqueta de pel de serpente. Foi un agosto infame, e xúrovolo, novelos de palla voaban polas rúas de Bridgestown, Arizona.
Coas primeiras néboas de setembro vino merodear pola piscina. Fixo algúns amigos e era doado velo no bar de Peggy Sue coa súa guitarra. Gustaba de Bob Dylan e non paraba de falar dunha tal Suze Rotolo. Pero aquela derradeira tarde de verán vino saír da auga sen darme tempo a respirar. Púxose tan perto de mín que o corazón saíame pola garganta. Estaba todo mollado e sorría cando me bicou. Tiña os labios frescos e húmidos; foi como deixarse caer nun mar de nubes. Rendinme.

jueves, 21 de junio de 2007

Feridas

Voume,dixen no traballo, Sailor necesítame. Peggy Sue miroume por enriba das súas gafas de pasta rosa: non lle lamas as feridas, encanto, os homes acostumanse enseguida.
Pero eu so pensaba en Sailor mentres me alonxaba pola autopista. Pensaba na súa cicatriz tenra, no tremer do seu corpo cando aproximaba os meus beizos a carne ferida...
Estades todos equivocados. Sailor non é como os demáis homes.