
O lugar do que máis gosta Mikage é a cociña . Alí levou o futón para durmir a noite na que morreu a súa avoa. Ela era a única familia que lle quedaba dende a morte dos seus pais, cando era cativa. Unha morea de sentimentos tíñana paralizada sen saber qué rumbo darlle á súa vida. Entón chegou Yuichi, o xoven dependente da floristería co que súa avoa trabara grande amizade. E Yuichi proponlle vivir na súa casa, polo menos hasta qué decida qué facer.
Mikage acepta e descobre que, o que lle ofrece o rapaz , é o que estaba necesitando nese preciso momento: un maravilloso e envolvente sofá, un moderno apartamento cunha terraza chea de plantas e unha fantástica, moderna e funcional cociña. A primeira mañá na súa nova casa unha figura femenina de turbadora beleza aparece ante ela: a nai de Yuichi, Eriko. Ainda que pronto e con naturalidade descobrirá que Eriko, en realidade, é o pai de Yuichi que cambiou de sexo ao morrer a súa muller.
Os días de Mikage trascorren nunha placidez balsámica: agradables charlas coa nai/pai deYuichi frente a fumeantes tazas de té, comidas exquisitas que ela prepara na cociña e unha relación amistosa con Yuichi que se afianza cada vez máis. Os compañeiros de universidade critican a súa actitude ao irse a vivir cuns desconocidos (mesmo aparece unha noiva celosa) e un tráxico asasinato acaba coa vida de Eriko.
Mikage decide coller as rendas do seu destino de orfa rodeada de morte. Abandoa a universidade, busca un novo apartamento e comeza a traballar cunha reputada cociñeira. Aislada e Yuichi e da súa anterior vida "familiar", os sentimentos pasan coma nubes caprichosas pola súa cabeza: ¿Podo sentir dor pola morte de Eriko máis que pola da miña nai? ¿Podo añorar a vida coa miña non-familia? ¿pode chegar a convertirse en amor a amizade con Yuichi?
Deixamos a porta aberta deste relato, convertido nun exito arrollador no Xapón e parte de Europa.
Din os expertos que os relatos de Banana Yoshimoto conectan directamente co shojo manga (manga para rapazas) en moitos aspectos: Na importancia dada a temas como a homosexualidade; nos tintes siniestros co que se mostran as atmosferas inocentes; na prevalencia dun elemento fantástico sen trabas, xa que a sumisión ás leis da verosimilitude considerase baseada nun pensamento masculino e adulto; na esaxeración a favor dos sentimentos; na acumulación de imaxes , típica do linguaxe manga e do montaxe cinematográfico...e un longo etc.

Non son unha experta en manga (nen sequera aficionada, ainda que lle teño moito cariño a Songoku) pero moitas cosas das que se din, pódense ver na novelita. A min deixoume un pouco fría, non acabei de entrar nese sofisticado mundo de delicadezas e nocturnidades niponas ainda que sí me pareceu interesante o resultado final: ¿ podemos elexir a nosa familia ou o noso sexo? ¿podemos elexir ser dun país, ainda que non sexa no que nacimos? ¿por qué etiquetamos, e aceptamos ou rexeitamos en función das etiquetas?
...cada un de nos pensa que ten moitos camiños para poder elexir el mesmo. Pero quizais sería máis exacto dicir que soña co momento de facelo(...) O camiño está sempre decidido, pero non cun senso de fatalidade. Son as nosas respiracións, as olladas, os días que se suceden, os que deciden dun xeito natural.
































